07/12/16

A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey

Sempre é un pracer celebrar a publicación de traducións á nosa lingua, coma esta que agora nos ocupa da editorial RinoceronteA sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows, unha novela emotiva de xénero epistolar:

as cartas vannos mostrando os personaxes, o argumento, a delicia da lectura.
A reconstrución do ser humano despois da II Guerra Mundial pon en contacto a persoas afastadas que teñen en común a paixón pola lectura: esa mesma paixón que a nós, lectores, nos fai gozar coas súas páxinas, coa súa tenrura, coa amizade que destila, coa indignación que provoca o sufrimento e a morte inxusta.
O título é orixinal,  e sen ser unha obra mestra, déixase querer, harmoniza as palabras e a acción de tal xeito que atrapa o lector, quen desexa avanzar paulatinamente para non acabar demasiado rápido con esta lectura amena e agradable que vos recomendo. Unha lección, ademais, sobre a importancia dos libros nos momentos cruciais e como estes mesmos poden axudar a salvarnos das peores situacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario