04/12/16

Mini Clásicos

 Unha ledicia celebrar a colección que vén de tirar do prelo Edicións Embora: trátase dunha serie de libros ilustrados para dar a coñecer os clásicos en formato álbum ilustrado, con tapas brandas e ilustracións que ocupan as dúas follas paxinadas; todos eles foron adaptados por Josep Antoni Fluixa e ilustrados por Sebastià Serra, traducidos do catalán publicados pola editorial Brumera.


 Os títulos que podemos atopar son:
.- A Odisea
.- Don Quixote da Mancha
.- A viaxe de Gulliver a Liliput
.- A illa do tesouro
.- Romeo e Xulieta
.- O mozo rei Artur
.- Frankenstein
.- Tirante o Branco
.- A volta ao mundo en 80 días
.- O chepudo de Notre Dame


Non os lin todos, empecei por este porque vimos de falar del en Literatura Universal. Coido que é un bo xeito de achegar estas grandes obras a nenos e nenas para coñeceren de xeito sinxelo libros importantes que quizais doutro xeito non chegasen a ler.

Ningún comentario:

Publicar un comentario