06/12/16

Nana de Tela

Amy Novesky e Isabelle Arsenault son as artífices deste fermoso álbum sobre a vida de Louise Bourgeois: Nana de tela, la vida tejida de Louise Bourgeois que publica Impedimenta. Narrada dun xeito moi poético e sensible, con matices intenso, as palabras contadas sorprenden ao lectorado describindo a relación entre nai e filla, en como esta aprendeu a traballar os tapices e apreciar formas e cores grazas a aquela, e en como as lembranzas e o amor perduran, sendo cosidos no interior de todos e todas nós.
No ano 2001 realiza a escultura que a defina e que conserva ese grande amor manifestado pola súa nai: "Maman" está no Guggenheim de Bilbao.

Ningún comentario:

Publicar un comentario