Vicente Sebastián traduce a Ingeborg Bachmann
Xuntos usamos: estacións do ano, libros e música.
As chaves, as cuncas do té, o cesto do pan, as sabas
e unha cama.
Un enxoval de palabras, de xestos, traídos,
empregados, gastados.
Obedecemos as regras da casa. Dito. Feito. E a man
sempre estendida.
Namoreime do inverno, dun septeto vienés
e do verán.
De mapas, dunha aldea de montaña,
dunha praia e dunha cama.
Ritualizo datas, declaro
irrevogables as promesas,
idolatro calquera cousa e son devota da nada,
( - do xornal dobrado, das cinzas frías, dun pepeliño
cun recado)
non temo a relixión porque a igrexa era esa cama.
Da vista do lago naceu a miña pintura incansable.
Dende o balcón saudaba a xente,
meus veciños.
Ao carón da lareira, evidentemente, o meu cabelo tiña
a súa cor máis vizosa.
O timbre da porta era a miña alarma para a felicidade.
Non fuches ti o que perdín,
senón o mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario