Encantoume este Diario interestelar de María Durán Montes que publica Modernito Books. Resulta un libro tan especial que nin sequera teño moi claro onde encadralo: é un cómic? Ou é un álbum ilustrado? Sexa como sexa, este libro sen palabras (non as necesitamos, de seguro!) é un libro de viaxes que te adentra no mundo dos dous personaxes e a súa viaxe ata a fin do mundo; un percorrido que comeza cunha postal e que estará marcado por papaventos vermellos, sempre na procura dun tesouro; por suposto, a forza da natureza tamén está presente, porque a viaxe en globo non poderá estar exenta de perigos varios. Asemade, o libro conta con moitas referencias culturais e cinematográficas. Mesmo trae un mapa despregable!

Ningún comentario:
Publicar un comentario