12/02/17

Matilde

Matilde é un deses álbums que namoran só con abrilos na primeira páxina (a pesar do meu prexuízo polo tamaño); logo, dunha ollada, xa intúes que a ausencia de palabras pode dar moito xogo e logo vén a "lectura" atenta e múltiple que ocasiona. Unha gozada esa perspectiva que nos ofrece Sozapato na editorial Kalandraka: Matilde é unha nena curiosa que necesita formar o seu propio mundo e este tamén precisa a súa propia liberdade, e ambos son quen de converter o gris en cor, xa que vivimos nun mundo rancio que precisa da capacidade ilimitada do maxín. Esta capacidade pode ser máis ben un poder, o poder do inimaxinable, ese poder que se lle outorga ao guía ou a quen poida aportar coa súa arte o inicio dunha nova aventura.
Fermosísimo álbum

Ningún comentario:

Publicar un comentario