11/02/17

O sombreiro do mago

Ánxeles Ferrer publica en Xerais -colección Merliño- O sombreiro do mago, unha historia de amor entre dous coellos que procuran a liberdade; a pesar do título e da importancia que poida ter o mago, coido que esa é a verdadeira historia, a dun amor que semellaba imposible pero que non o foi grazas á astucia e á sabedoría dun animal fronte a un ser humano. Tamén o é a maxia, que fai posible que ese sombreiro sexa un pozo de sorpresas. Así que maxia e amor conxúganse para un final feliz.
De todos os xeitos, boto de menos que a autora non aproveitara a historia para darlle a volta ao conto de sempre: príncipe afouto que salva princesa encarcerada, aínda que aquí falemos de coellos. Precisamos máis relatos que cambien o conto, e este non o fai. Unha mágoa.

1 comentario:

  1. Nista ocasión, non tocou "darlle a volta a historia". Iso xa o escribín en"Tres princesas namoradas" (editorial Galaxia), dado que, como outros tantos temas, me preocupa. Pero non podo repetirme.
    No sombreiro do mago, o tema central é a imposibilidade de encontrar a felicidade dentro dun sombreiro (metáfora dunha vida cousificada pero non feliz) que, si, agocha cousas fermosas, pero non auténticas ( a choiva, a herba...).
    E despois ven o amor entre masculino e femenino, segundo tema que me importa moito, asi como tamén o amor entre masculino-masculino, e femenino-femenino; pero iso será para a próxima vez...Bicos e grazas.

    ResponderEliminar