En Hércules ediciones atopamos este libro de David Litchfiel co título O oso e o piano, un álbum de calidade que recibiu numerosos premios como o Waterstones como Mellor Libro Ilustrado 2016. Un libro que fala sobre todo de amor, amor pola música pero tamén pola familia e polos amigos, máis alá de calquera ambición ou egoísmo. Por iso o texto é sobre todo lírico e delicado, un libro que lemos cal partitura musical, xa que tanto a ilustración como o texto está impregnado de sensibilidade e refinamento.


Ningún comentario:
Publicar un comentario