Na editorial Galaxia podemos atopar este libro-disco de As Maimiñas con ilustracións de Patricia Castelao, un divertido percorrido polo mundo que poderemos cantar e bailar, mentres dende o noso propio espazo chegamos a todos os continentes, xa que As Maimiñas escollen un, como mínimo, país de cada un deles. E logo, a bailar! A rapazallada como protagonista de novas sensacións musicais para pasalo xennial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario