En A buen paso sorprendente álbum de Javier Sáez Castán e Pablo Auladell: Dorothy. Déjale entrar (Premio Concurso
Internacional de Álbum Ilustrado Biblioteca Insular de Gran Canaria en
2016) abráianos en cada nova páxina polo surrealismo da historia e o realismo das ilustracións, que confunden ao lectorado e que ao mesmo tempo divirte e nos transporta a un mundo onde as referencias literarias e cinematográficas son tan importantes que levan a historia ás súas páxinas. Son dous puntos de vista ante unha mesma circunstancia, pero son antagónicos, tanto que mentres lemos non intuímos cal pode ser o desenlace.


Ningún comentario:
Publicar un comentario