O libro déixao claro: non existen "micro" machismos, senón machismo, e punto. Un libro colectivo que baixo o título
Machismos: de micro nada aborda dende variados puntos de vista este tema; un libro posible grazas ao grupo de
traballo feminista dentro do Colexio de
Educadoras e Educadores Sociais de Galicia chamado Fiadeiras, publicado por Edicións Embora. Participan no libro: Lucía Aldao, Pablo Andrade, Leo Arremecághona,
Isaac Castro Neira, Luís Davila “O Bichero”, Eva de la Torre Conde, Mª
dos Anxos García Fonte, Clara Gayo, Manuel González Prieto, Mai Insua,
Tareixo Ledo Regal, Juanjo Lorenzo Castiñeiras, Andrea Nunes Brións,
Sabela Núñez Singala, Ana María Pérez Rico, Patricia Porto Paderne (a
Lileira), Sofía Riveiro Olveira, María Rosendo Priego, Xulia Santiso
Rolán, Maite Sío Docampo, Gema Zunzunegui Lamas, Olalla López Barro, AS
Quetas, asociación Nós mesmas, Sacha na Horta, con prólogo de Ana
Iglesias Galdo e epílogo de Lola Ferreiro Díaz. Un libro comprometido que denunciao patriarcado en todas as súas formas das que moitas veces nin nos percatamos porque están no noso inconsciente aceptadas sen analizar.
Foi Lola Ferreirao quen deu a idea do título do libro posto que reflexiona sobre eses "micros" que non debemos aceptar porque non son micros. Quedo cunha frase que hai no seu blogue: "o libro axuda a graduar as gafas violeta que xa tiñamos postas". Así que o libro volve a ser unha recarga de esperanza, unha axuda de loita, unha compañía necesaria, unha obriga. Porque reflexiona sobre eses "micros" ou eses "nadas", que tamén poderían denominarse así porque non lles damos a importancia necesaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario