14/06/17

Damned Writers

Precioso este álbum de Ángel A. Svoboda que presenta a editorial Bululú: Damned. Writers. 23 autores de culto é o que indica o seu título tal cal: unha listaxe de 23 autores que debemos ter presentes e que ademais salientan por algún detalle que pode ser nimio, que pode ser unha ferida, que poder ser unha tormenta agochada nunha paz inexistente. E todo isto, ás veces, déitase sobre a obra, sobre o escrito, sobre o que o lectorado pode ler despois, mesmo séculos despois. Svoboda propón unha "Beizón" e unha "Maldición" sobre cada autor ou autora escollida, ademais dunha listaxe coas súas obras máis importantes. Nestas páxinas están a nosa Rosalía, as irmás Brönte, Wilde, Lovecraft, Dickinson ou Kafka.


Ningún comentario:

Publicar un comentario