07/06/17

El libro de los Guarripios

Divertídisimo álbum de Arnold Lobel que nos trae a editorial Kalandraka: El libro de los Guarripios é un rimado porquil, ou porqueiro, non sei moi ben, xa que cada páxina é un poema cun protagonista porco ou porca que experimenta unha situación rocambolesca ou grotesca ou paródica ou simplemente humorística, mesmo absurda. De aí o título, porque o que nos ofrece o autor son "guarripios" en estrofas de cinco versos rimados cun porco escritor (que non un escritor porco) que se pinta a si mesmo como o que é ao principio e ao final do álbum conferíndolle así unha estrutura pechada.
E se os textos poéticos son divertidos, probade a vos fixar nas ilustracións, desternillantes, enmarcadas nun fondo branco que abrangue o texto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario