12/10/17

Pippi Mediaslongas

Un pracer inmenso poder ler Pippi Mediaslongas na nosa lingua, grazas á editorial Kalandraka, o clásico de Astrid Lindgren. Imposible non volver á infancia con esta lectura, rememorando tantas horas de admiración por esta nena libre e extravagante que nos marcou dende o primeiro momento, con envexa por poder ser quen ela quería realmente. Tela agora nesta edición é un luxo porque sempre provoca ledicia poder volver á infancia, rememorar aquela serie que nos mantiña pegadas á televisión e percorrer agora a narración na nosa lingua mesmo coas ilustracións orixinais.

1 comentario:

  1. Orgullosa de que David de inmensa formacion filoloxica, calidade humana e agarimo pola lingua galega conseguira que lle publicaran a sua traduccion

    ResponderEliminar