10/12/17

Miguel. Conto exemplar

Outra alfaia de Maurice Sendak en pequeno formato que nos ofrece este mes Kalandraka é Miguel. Conto exemplar. Un neno impertinente que é comesto por un león xusticieiro, e do que dá saído, iso si, aprendido e reformado. Ou sexa, que o conto ten moralexa, ademais de moito humor e extravagancia, xa que o médico amosa unha forza inimaxinable para sacar o neno do león, sacudíndoo e o león será logo o amigo que leve á familia ao seu lombo de volta para a casa. Imposible que non amose un sorriso nos nosos beizos!
O feito de que sexa un poema rimado e repetitivo engade un humor moi especial ao texto. Máis, porque é un texto que afronta a morte a un lectorado ben novo, sacándolle todo o seu abismo. Vén a ser unha labazada riseira naqueles nenos e nenas que poidan ser un pouco insoportables.


Ningún comentario:

Publicar un comentario