19/02/18

María Victoria Moreno

María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito é un xeito fantástico de coñecer a autora, de saber dela, da súa obra, da súa vida, das súas inquedanzas. Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre realizan un diálogo ben traballado para nos dar a coñecela na editorial Xerais. E abofé que o conseguen! E isto grazas a que debaixo deste traballo compréndense o cariño, o aprezo que ambas autoras tiñan pola protagonista das nosas Letras neste ano 2018. Dun xeito evocador, o libro comeza diferente: no primeiro capítulo veremos o que sucedía na libraría Xuntanza de Pontevedra, un lugar importante para María Victoria. Asemade, os outros capítulos serán un paseo pola súa vida, infancia e anos de formación ata que chega á nosa terra e nos adopta, literalmente. Porque niso consiste o amor, e a vida da homanexeada está capitaneada polo amor e a loita. Amor polos animais, polos libros, pola vida. Tamén toparedes algunha que outra chiscadela sobre informacións torpes ou algo erradas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario