Fermosísimo este libro que publica Kalandraka en formato pequeno e groso da escritora Virginie Aladjidi e a ilustradora Emmanuelle Tchoukriel. Unha especie de enciclopeida con 457 láminas que nos amosan unha ampla variedade de seres vivos clasificados por grupos: mamíferos, árbores, anfibios, réptiles, insectos... unha selección que reflicte a beleza e que ensina a importancia de coidar a natureza, de coidar o noso planeta, de loitar contra a extinción das especies... Cada ilustración identifícase co nome común e a nomenclatura latina da especie correspondente, con datos técnicos ou curiosidades.

Ningún comentario:
Publicar un comentario