Delicado, entrañable e simpático este álbum de Kevin Henkes titulado Esperando que publica a editorial Juventud. Esperando porque cinco personaxes ante unha ventá agardan a que algo ocorra diante das súas vidas: a lúa, a choiva, o vento, a neve... ou incluso se pode mirar e mirar sen nada agardar. Porque agardémolo ou non, o futuro chega porque o tempo non para xamais, pero tamén esa espera é fermosa porque se realiza en amizade e esta si que é atemporal. Asemade, a felicidade está nas pequenas coousas, non cómpre que pasen grandes sucesos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario