Teño unha relación especial co detective Charlie Parker,
de John Connolly, aínda que nunca me parecera posible debido ao xiro que van tomando as súas tramas, dende a simple novela negra a todo o sobrenatural, algo que nunca me gustou pero que si o consegue este autor. Polos seus libros puluan pantasmas e presenzas sobrenaturais, e a min non me molesta! Neste libro, El Frío de la Muerte sucede isto mesmo. Curiosamente, cantas máis estrañas criaturas poboan as páxinas, menos perigoso semella o noso protagonista e os seus inseparables compañeiros. O bo dos seus libros é que seguen enganchando, seguen estando ben escritos, e que ao fin e ao cabo, con presenzas sobrenaturais ou non, o noso detective sempre procura facer o ben nun mundo maligno. Un mundo no que quizais haxa lugar para a xustiza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario