22/08/20

Cantareas do faro

 


M
iguelanxo Romero e Leandro Lamas
publican en Edicións Embora Cantareas do faro, un libro para cantar e gozar das ilustracións tan marabillosas de Leandro, que constitúen sempre unha obra de arte admirable. É deses libros-disco tan necesarios porque podemos escoitar a poesía cantada, neste caso musicada pola pianista Bárbara Mourelo. Ou sexa, un libro para ler, para ollar, para escoitar. A maior parte dos nosos sentidos ao servizo dun libro. Que máis se pode pedir?


Ningún comentario:

Publicar un comentario