19/10/20

Os Minimortos

 


V
olve Ledicia Costas a levarnos de viaxe ao inframundo, da man dos Minimortos, quen nos dan a benvida con ledicia e con algunha que outra trasnada. Ao fin e ao cabo, é normal, á súa idade estas son as características que os definen, estean onde estean. Sorpréndenos a autora novamente con esta capacidade súa de levarnos a ese mundo misterioso do que ninguén quere falar, un asunto do que sempre fuximos e ao que sempre tememos. Esta naturalidade, xa conseguida noutros libros anteriores, volve poñerse de manifesto neste libriño para a rapazallada pequecha, e faino dende un punto narrativo dunha curuxa que remata cunha frase esencial: estean onde estean os nenos e as nenas, o que queren é a felicidade. 

Publicado por Xerais con ilustracións de Mar Villar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario