Celebramos a publicación deste clásico da Literatura de Ken Kesey na nosa lingua, un libro que pasou a un segundo plano polo éxito (xusto) do filme. Publicado por Kalandraka, E un voou sobre o niño do cuco é un relato sobrecolledor sobre os hospitais psiquiátricos da Norteamérica dos anos 50. Un libro que a pesar da súa dimensión de crítica social resulta ás veces divertido, e outras excesivamente crueis. E sobre todos estes momentos, planea unha especie de tenrura ante a rebelión, o sexo, a bebida... e os anceios de liberdade. Un deses libros que hai que descubrir e recomendar, aínda que tamén recomendemos a película... e isto sucede poucas veces, coido eu.

Ningún comentario:
Publicar un comentario