22/11/07

Ana Mª Matute, Premio Nacional

A escritora catalá Ana María Matute foi galardoada co Premio Nacional das Letras Españolas 2007. Este galardón está considerado o máis importante deste xénero despois do Premio Cervantes e recoñece o conxunto do seu labor literario.
Naceu en Barcelona en 1926. É membro da Real Academia Española desde 1996; daquela era a única muller que ocupaba un asento nesta Academia.
Desde a súa primeira novela, Los Abel, publicada en 1948, até agora é autora de máis de corenta obras. Impartiu clases en universidades norteamericanas. Os seus libros foron traducidos a máis de 23 idiomas.
A obra na que traballou os últimos cinco anos e que espera publicar despois do Nadal, relata o paso á adolescencia de Adriana, unha nena soñadora e imaxinativa que se rebela contra o contorno familiar e social e que ten como telón de fondo a Guerra Civil.
É autroa de cantidade de libros de fantasía, gústanlle os bosques e a Idade Media. Moitas das súas obras sempre a mantiveron no máis alto, tal como recoñece este premio, no que competía con ilustres das letras como Juan Goytisolo, Juan Marsé ou Luis Mateo Díez.

1 comentario:

  1. En esta ocasión quienes se han adelantado sois vosotros. Enhorabuena por vuestro blog y un besazo a Ana Mª Matute.
    Por cierto nos gustó mucho vuestra propuesta para el 25 pero no soy capaz de subirlo a blogger.¿Lo colgais en youtube, o nos enviais instrucciones?
    Begoña del fesquío

    ResponderEliminar