14/03/08

Retos matemáticos... e non tanto

Hoxe quero retarvos. Así, en maiúsculas: RETARVOS. Propóñovos catros enigmas para que forcedes os miolos. Sodes quen de resolvelos?
Se é así, ou ben dade a resposta nun comentario ou escribídenos ao noso correo.
Veña, veña...listillos!!

Enigma 1: Teño dúas moedas de curso legal e entre as dúas suman 3 euros, pero unha, non é de un euro. Como é posíbel?

Enigma 2: Serías quen de dicirme que criterio segue esta serie de números?
0, 5, 4, 2, 9, 8, 6, 7, 3, 1
Enigma 3: En certa ocasión preguntáronlle ao meu pai quen era a persona que estaba na foto que había sobre a mesa, e el contestou o seguinte:

"A miña familia é moi curta, eu só teño dúas irmás e a miña muller un irmán, e temos un fillo precioso, de momento fillo único, aínda que espero darlle algún irmán máis, pero volvendo á pregunta que me fixeches direiche, que o pai de quen está na foto é o fillo do meu pai."
Saberías dicirme quen era a persoa da foto?

Enigma 4: Unha velliña levaba ovos ao mercado pero a cesta nos que os levaba caella ao chan.
- ¿Cantos ovos levabas? - preguntaronlle,
- Non sei, lembro que ao contalos en grupos de 2, 3, 4 e 5, sobraban 1, 2, 3 e 4 respectivamente.

Cantos ovos tiña a velliña?

3 comentarios:

  1. Jajajaja!!!
    Moi interesantes, pero non vou chafar as respostas. Os dous primeiros son para tirarse dos pelos...
    Saúdos... e a pensar!

    ResponderEliminar
  2. Querido bolbor: suxíroche que envíes as túas respostas ao noso correo para comprobar que estás atinado en todas elas. Non é que dubide da túa valía, pero... jejeje

    Unha aperta ghrande coma un mundo!

    ResponderEliminar
  3. O noso amigo bolbor acertou tres dos catro enigmas! Noraboa para el pero... siga pensando!

    ninguén máis se atreve???

    ResponderEliminar