22/04/08

A mirada do Dragón

Mira o seguinte video. Observa como o dragón que aparece na imaxe síguete coa mirada a medida que cambias de perspectiva: se a cámara sube, o dragón alza os ollos; se a cámara vai cara a dereita, o dragón obsérvate desafiante.


Pero tranquil@. Todo o que ves é froito do teu maxín; non se trata máis que dunha ilusión óptica. Que che parece? Alucinante, verdade? A xeometría é o que ten...
Pois se te consideras un fenómeno coas manualidades, preme aquí para descargar as instrucións para facer este curioso dragón de papel ti mesm@. Sorte!

1 comentario:

  1. ¡É unha pasada! Non saberás onde conseguir as instruccións en español

    ResponderEliminar