16/05/08

Retos matemáticos... e no tanto (VIII)

Despois das últimas alegrías en forma de premios e éxitos escénicos, cómpre volver pronto á normalidade. E que mellor maneira que retorcendo os miolos, non credes?


Reto 1.- Amadeo viviu unha cuarta parte da súa vida en Madrid, unha quinta parte en Granada, un tercio en Sevilla e, finalmente, 13 anos en Zaragoza. A que idade morreu Amadeo?


Reto 2.- Lourdes Cortés, unha famosa millonaria, quería ter unha mansión onde todas as ventás estiveran encaradas cara o sur. Encargou este proxecto ao prestixioso arquitecto Armando Casitas que, despois de moito pensar, deu coa solución. Cal foi?

Reto 3.- Un señor vive no décimo andar dun edificio de 12 prantas. Todos os días cando sae á rúa colle o ascensor e baixa ata o portal. Porén, cando regresa á casa colle o ascensor e sobe ata o oitavo andar e usa as escaleiras para subir os dous andares restantes. Se o ascensor funciona perfectamente, por que fai esta manobra?
Axuda: cando sobe con alguén en ocasións si que chega ata o décimo andar.

Solucións ao reto anterior:
Reto 1: DAVID
Reto 2: Non hai medios buratos!!
Reto 3: Unha frase curta

Reto 4: Un

17 comentarios:

  1. Me habéis tenido entretenido un rato, pero lo conseguí. No diré nada para que el resto tiren de lápiz y papel (o de neuronas).
    Gracias.
    P.D. Acabaré aprendiendo galego

    ResponderEliminar
  2. Supoño que a casa só terá ventanas no lado que da o sur e o resto estará empotrada na terra ou calquera cousa así.Vaya cousas preguntas!

    ResponderEliminar
  3. se eu fose o señor casitas farialle xanelas no lado q da ao sur da mansion (como xa dixeron) e o do ascensor...vouno deixar sen resolver (q o sei) pa non pillar moita vantaxe, jiji

    ResponderEliminar
  4. e desde cando unha mansión ten ventás só por un lado???

    Véxovos despistados..... e paradiños jejeje

    por onde andará o noso amigo bolbor???

    ResponderEliminar
  5. Fun invocado... así que me vou manifestar neste máxico recuncho.
    A ver, vou facer o primeiro que é o máis difícil ;o)
    Como o 25% da súa vida a pasou en Madrid, un 20% en Granada, un 33% en Sevilla, o 22% restante será 13, así que ten 60 anos.
    Saúdos para todos, incluído o oshidori de pelo crecho.

    ResponderEliminar
  6. ... e sobre a solución do problema da mansión, quero dicirlle a oshidori e ayayay que van desencamiñados, frío, frío, frío... (jijiji!!)

    ResponderEliminar
  7. recoñezo q o da mansion tráeme polo camiño da amargura. Con dicir q me ten aquí pensando sendo as tres da mañá...eu dun arquitecto apelidado Casitas esperaría calquer cousa. E ahh! o señor do ascensor leva paraugas :) toma 1 tanto! toma! levas a conta anxo?? e bolbor, saudiños pra vostede tamén, ainda q vaia de listo...jijiji

    ResponderEliminar
  8. Non vou de listo, vou de bo... por iso vos dei unha pista ENORME para resolver o enigma da mansión...
    Por certo, dos tantos todos levamos conta... porque sempre hai un amable trasno que nos axuda a levala... jijiji (toma vinganza)

    ResponderEliminar
  9. Como ben di bolbor, o da mansión véxoo frío, frío, frío... jajajaja moi boa compañeiro!!

    E o do paraugas?? É primordial?? Despistáchesme oshidori... ou eres ti o despistado? A saber!!

    ResponderEliminar
  10. ome, quen di paraugas di bastón, coma se leva un pao dun sacho. O q pasa e q eu adaptaba a explicación ao clima galaico, jeje. Primeiro soluciono e logo explico o do paraugas. O señor e moi baixo, por iso só alcanza a darlle ao botón correspondente ao oitavo piso, e por iso tamen sube os dous pisos restantes polas escaleiras. O que ti non explicaches (e isto é un as q gardaba na manga) é que cando chove non lle fai falta subir escaleira ningunha. ^^ Chupate esa Teira!! jijiji Saudiños.

    ResponderEliminar
  11. enton co do sur refireste (ou referidesvos, mellor dito) ao hemisferio sur?? Ten q ver co clima??

    ResponderEliminar
  12. Magnífico este trasno, é algo irreverente... pero ten o seu encanto.
    E digo eu, o do paraugas é unha idea interesante... pero igual o home pequeno é tamén cego e non lle resulta fácil darlle a un botón con un paraugas/bastón... (e non digamos o que podería pasar se vai con el no ascensor alguén moi alto e silencioso...)
    Por certo Oshidori, cando saibas a solución que propuxo o gran arquitecto Casitas...
    Saúdos para todos.

    ResponderEliminar
  13. Veña que só queda que descubrades a miña xenial idea!!

    ResponderEliminar
  14. Pois a min non se me ocurre nada.
    Q desgraza

    A culpa é de Bolbor que anda mareando (jijiji)!!

    ResponderEliminar
  15. Non, se a culpa que un servidor non teñaaaa... pois ao final terei que dicilo e todo (algúns máis poderían facelo, pero antes de que me boten a culpa do terremoto de China...)
    Queridísim@ Oshidori, cal é o xeito de que todas as fachadas miren ao Sur?. Resulta imposible en tódolos lugares da Terra... menos en un... xa, agora xa caeches!!. Pois si, efectivamente é xusto no Polo Norte xeográfico.
    Saúdos para todos... xa estou impaciente por ver con que outros enigmas nos agasalla Anxinho...

    ResponderEliminar
  16. Proba superada!!!!!!!

    ResponderEliminar
  17. Demasiado tonto! Eso xa o descartara xk era demasiado tonto!
    Ai...de verdade ehh...(disimmula mula) xD

    ResponderEliminar