Unha semana máis, aquí estou disposto a intentar engaiolarvos cos meus retos matemáticos; e como vexo que estades ansiosos por dicir as respostas antes ca ninguén, hoxe douvos un máis de agasallo.
No fondo, o de retorcer o cerebro nunca está de máis, non?
Reto 1.- Por 500 comenza e por 500 remata. Ten un 5 no centro e a primeira das letras e o primeiro dos números o completan.
De que estamos a falar?
z
Reto 2.- Se seis persoas precisan seis días para facer seis buracos, canto tempo precisará unha persoa para facer medio buraco?
a
Reto 3.- Escribe unha frase curta coas seguintes letras:
a - c - e -r -n - u -t - h - a -f - u - r - a - s
a
Reto 4.- Cantos vasos de auga podería beber, como máximo, un home adulto co estómago baleiro, supoñendo que cada vaso ten que estar cheo e é de 25 cc e que o estómago dun home adulto ten unha capacidade máxima de 15 litros?
a
Reto 1: Dividir acorda en dous significa facelo ao longo
Reto 2: Están de costas
Reto 3: O dicionario
13 comentarios:
Echas una trufa
Para el reto numero 2, el de la frase corta. Vale?
Jajajajaja!!!
Está moi ben, aínda que é un pouco escatolóxica. Non sei por que, pero dame a impresión de que non fas o que che mandan... se é que te refires ao reto 3, claro. Mira que confundirte de problema... non sei a que me soa isto...
Vale, pois eu terei que responder a algún... así que xa que falamos do reto 2... igual tardaría 3 días, non?
Un saúdo e ánimo para os pensadores.
Aaaaahhhhggggg!!!!
Como piquei!!!!!
Imaxino que non se refire a facer un burato coa metade de profundidade... verdade malvado gurú matemático?
Entón, como medio burato non é máis que un burato (non hai medio burato, ou é burato ou non é burato) entón tardará 6 días.
Será posible...
Un saúdo.
jajajajaja
Encantoume a frase que buscaches visitante anónimo, pero moito me temo que non hai que ser tan rebuscado. Faille caso a bolbor que disto sabe moito!
E que che vou dicir a ti, amigo bolbor. Estás...pero non estás. Vale que non hai medio burato, porque un burato ou é burato ou non o é, pero de onde sacas que tardará seis días? Logrou confundirme....
pensade, pensade...
pois...3 dias?? (reto 2)
porque se seis persoas tardan seis dias en facer seis buracos é porque cada persoa tarda seis días en facer un buraco, non?
Enton...medio buraco...a metade de tempo.
A ver se acerto.
a todo isto, pódese escribir burato?¿ ou é que os do Deza somos así de retorcidiños?¿
E xa que me puxen a pensar, vou intentar resolver o terceiro reto: "furar unha cesta".
A ver que tal.
Bueno, bueno, bueno, estou que me salgo, ai vai o terceiro:
ajam!
Se comeza e remata por 500, ben pode ser por 500 en números romanos, que según cmo me acaba d dcir o profesor de mates é D (que eu non me lembraba xD), xa temos a primeira e a última letra, se a do medio é un 5 podería ser a V (en números romanos), e se está no medio é porque ten cinco letras( o mais posible) así que despois de tanto pensar........podería ben ser "DaViD". Ou non?
Lóxica aplastante. jiji
Hai que ver que inquedo anda hoxe o trasniño de pelo crecho... ten unha vitalidade de mil trasnos, pero non está ben que ande furando cestas, que logo cae todo por aí... (jijijiji!!)
A ver se fago o do vaso de 25 cc (debe ser de chupitos...). En Barrio Sésamo dicían cal era a diferenza entre cheo e baleiro e, aínda que aquí non se aplica, pois o estómago de 15 litros do "homo macrobuchis" do conto non chega a estar cheo, si que nos sirve para recordar que algo baleiro carece de contido. É dicir, que no momento en que trague o primeiro grolo (suposto de 25 cc) o estómago deixa de estar baleiro e a partires dese momento xa non toma máis vasos de auga co estómago baleiro, a menos que entre nunha espiral bulímica que o levaría a unha vida desgraciada (pois é auga...) de continua bebida.
Un saúdo.
P.D. o do burato, se son todos iguales, pois non lle atopo outra solución...
Vaiamos por partes...
Estimado trasno, vexo que ese cerebro que se agocha tras o teu pelo crecho estivo traballando a marchas forzadas e obtivo algún resultado. Efectivamente, DAVID é a resposta ao reto número 1!! Pero... cre oque a resposta que das ao reto 3 non é a correcta. Sigue pensando... é moito máis doado do que parece (coma sempre!)
E a ti, amigo bolbor, que che podo dicir. A túa clarividencia é tal que me asombra (toma peloteo barato!)
Veña, veña, só vos falta escribir unha frase curta coas letras que vos poño aí...
Fala, fala... que por dicilo dúas veces non vas ter o dobre de razón...
"UNHA FRASE CURTA" velai a tes. :-)
Era eso?????????????????????????????????????????????????
e eu rompendome a cabeza, odiote!!!!!!!!!
jejeje
Perfecto, querido trasno.
Ves como era moi doado?
Retos superados. Vese que vou ter que buscar problemas máis complexos porque estades feitos uns cracks.
Ata a seguinte...
Publicar un comentario