13/08/08

Retos matemáticos... e non tanto (XI)

Quixera presentarvos hoxe os Retos Matemáticos (Summer Edition). Que teñen de especial? Pois tendo en conta que estamos na época estival e sendo consciente de que moitos dos asiduos participantes da sección estades desconectados temporalmente da Internet, van ter un pequeno toque de picardía, humor e, por que non, de "mala lexe". Vamos, que van ser menos matemáticos que nunca... ou non.

Reto 1.- Laura entra nun bar e pide con educación un refresco. De súpeto, o camareiro saca unha pistola e apúntaa entre cella e cella. Laura dálle as grazas, toma o refresco e despídese cordialmente.
A que se debe a actitude de Laura?

Reto 2.- Os famosísimos arqueólogos Pierre Rochas e Jack Stone descobren dous cadáveres semiconxelados flotando nun iceberg no mar preto do Polo Norte e demostran doadamente que son os primeiros habitantes do mundo.
Como o puideron saber?

Reto 3.- Toby é un can con moitas manías. Cada noite antes de durmirse dá moitísimas voltas dentro do seu cocho.
Podes dicir en que volta se dorme?

Solucións ao reto anterior:
Reto 1.- c de cinco
Reto 2.- Basta con contar as letras do contrasinal
Reto 3.- Formando un tetraedro

9 comentarios:

  1. Vaia... pois de todas estas adiviñas só sei a máis vella de todas, a última... terei que pensar as outras.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Eu de momento só sei a resposta do 1º enigma,e seino porque é un clasico de meu pai jaja

    A resposta é que ten o hipo.

    ResponderEliminar
  3. Moi ben, querida secre. Iso de que che dean un susto vén moi ben para quitar o hipo.

    Se bolbor xa sabe o reto 3 (non o dubido... faltaría máis!) só quedaría o número 2.

    a darlle duro!!

    ResponderEliminar
  4. A ver vou a polo segundo...

    Eu creo que a quen atopan semiconxelados son a Adán e a Eva,os primeiros habitantes do mundo,non?

    ResponderEliminar
  5. A ver a ver.....
    Laura pode ser cega! ou non?

    E os outros dous decatarianse de que son os promeiros habitantes...porque levaban unha folliña nas suas partes?¿
    xD

    O terceiro...nin idea, que o solucione Bolbor

    Por certo, saudiños!!

    ResponderEliminar
  6. Pois podes crer que o sei, só hai que ler entre liñas...
    O segundo... pois pouca idea teño. Ao mellor é que nese momento se derretera xa todo o xeo no planeta, dese xeito só o xeo máis profundo e antigo podería manter semiconxelados a eses "habitantes" primeiros... digo eu, pero a saber... porque vindo de quen vén...
    Unha aperta para tod@s (que non cunda o pánico... a media potencia nada máis...)

    ResponderEliminar
  7. Ome durmirase na ultima, non?

    Bolbor vai de listo..coma sempre...
    ¬¬

    ResponderEliminar
  8. así, así... encántame que vos piquedes uns cos outros jejeje

    ResponderEliminar
  9. Xa estamos outra vez... ese trasno de pelo crecho...
    A ver, a mensaxe primeira foi "Vaia... pois de todas estas adiviñas só sei a máis vella de todas, a última... terei que pensar as outras."
    Vale, queda claro ou non?
    menos mal que un poeta
    resiste a provocación
    firme, coma un atleta...

    Vaia, isto si que é duro de resistir... a prosa aínda se aguanta, pero a líricaaaa... manda krllño...

    ResponderEliminar