Reto 1.- Averigúa razoadamente o valor que debería de ter o símbolo ? na seguinte secuencia:
u d t c ? s s o
Reto 2.- A axencia de espionaxe internacional T.B.O. está seguíndolle a pista a un grupo mafioso. O axente García descubriu que dito grupo está a celebrar unha reunión nunha fábrica abandonada ao norte da cidade e dirixiuse ao lugar co obxectivo de coarse na nave coma se fose un cliente, pero para iso precisa saber a clave de acceso; por prudencia, oculto desde unha posición privilexiada, observa como os clientes se van achegando á entrada principal.
O primeiro chega ata a porta e desde o interior bérranlle "Dezaseis!!" ao que o cliente contesta "Oito!!". Ábrese a porta e o cliente entra. O axente García móstrase convencido de saber a estratexia para poder entrar pero decide manter a calma e agardar ao seguinte. Cando chega, desde o interior bérranlle "Catorce!!" ao que contesta sen dubidar "Sete!!". Acto seguido, a porta ábrese e o cliente entra sen problema.
Convencido de saber a clave de acceso, o axente García, vestido de paisano, achégase á porta e desde dentro bérranlle "Doce!!" ao que García responde seguro de si mesmo: "Seis!!". A porta ábrese, óense unha ráfaga de disparos e o axente cae morto ao chan.
Poderías explicar por que?
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
24/06/08
Retos matemáticos... e non tanto (X)
Con isto do agobio polos exames, as notas e todo o que rodea un fin de curso, xa hai case tres semanas que non vos propoño retos matemáticos. Para aos que lles gusta retorcer os miolos, para os que pasan do tema, para os aburridos, para os que non teñen outra cousa mellor que facer, para os que están picados comigo, para os que están picados entre si, para os afeccionados ás adiviñas... para tod@s! Aí van:
Reto 3.- Dispoñemos de seis escarvadentes de igual tamaño. Explica como poderiamos formar catro triángulos equiláteros sen romper os escarvadentes e de forma que cada un dos pauciños sexa o lado dun dos triángulos.
Reto 2: Se hoxe é 1 de xaneiro
Reto 3: Morrerei na fogueira
Atoparalo en Matemáticas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
14 comentarios:
xa botaba de menos esto. Haberá que pensar
Homeeee!!! Aleluia!!! Isto non é o mesmo sen os retos matemáticos...
si, si... moito lirili e pouco lerele!! Pero aínda non vin ningunha resposta...
jejejeje
Outra vez fun invocado... eu, o mago do lerele... por certo, alguén me dixo que desta vez Oshidori ía escribir en portugués, pero xa vexo que non.
Pois logo vou facer un, o máis fácil, claro. Para facer os 4 triángulos con 6 escarvadentes só os hai que facer en distintos planos. Se non me expliquei ben... pois que alguén o explique.
Ánimo anxinho, isto dos retos-non-tanto non pode decaer...
Un saúdo para tod@s!!
explícaste coma un libro aberto, amigo bolbor. Agora ben... alguén podería afinar un pouco máis? Haberá que chamarlle ás cousas polo seu nome non?
Eu o dos distintos planos non o entendo...q alguen mo explique!!
E q ultimamente doulle máis ás letras..
Mais tamben sei escrever em portugues Bolbor!
xDD
Por certo, non lle atopo solucion ao reto 2..e do 1 xa nin falo, sempre deixei ese tipo de exercicios en blanco nos test, non se me dan nadiña ben!
Anda Bolbor, resolve! Q estalo desexando.. =)
Oshidori, Oshidori.... acaso non sabe contar??
(ainda que non o pareza é unha pista...)
a resposta ó reto dos triángulos é formando un tetraedro. Creo que así se cumple todo o que di o enunciado.
C!!!
É o C!!!!
Contei!!!!!
U..n
D..ous
T..res
C..atro
C..INCO
S..eis
S..ete
O..ito
UoO...UoO...=))
É parecía dificil...(grazas pola pista..)
Vou tentar co segundo...serà que o problema era que iba vestido de paisano??
..porque eu non lle atopo a lóxica..
Ben Oshidori, ben... Vexo que cunha pista traballas mellor. O amigo Bolbor estará orgulloso de ti..jajajaja
Só falta o reto do policía, posto que o dos triángulos foi correctamente resolto por ayayay.
Tic, tac, tic, tac...
Así non se vale!!
Con esas pistas que deixa Anxinho...
A última está clarísima... se sabedes como contar o tempo... ji-ji-ji-ji!
Saúdos para tod@s.
contar!! Contar!!! O truco está en contar!!! tic tac..tic tac
será o primeiro reto que quede sen resposta? Non o podo crer!!
Joooooo!!! como sodes...
"tic tac tic tac" son CATRO, igual que son CATRO os "ji-ji-ji-ji".
Hai que contar, ou o tempo... ou as letras.
Agora queda para que alguén remate a faena.
Saúdos para tod@s.
Publicar un comentario