16/12/08

Retos matemáticos... e non tanto (XII)

Buffff... canto tempo sen traer esta sección por estes lares. Pero xa sabedes que ultimamente teño ocupacións moi serias ás que adicarme case que por completo... Pero como nunca é tarde se estamos a falar de matemáticas, aí vos van tres retos a resolver nestas prevacacións de Nadal...

Reto 1.- Este foi un xogo que descubrín nun destes programas timo das madrugadas da Sexta e que recoñezo que me enganchou (para curiosos e malpensados, por suposto que nin se me ocurriu chamar!). Trátase de atopar o número máis grande posible movendo tan só DOUS mistos. Hala, a discurrir!

Reto 2.- Neste exercicio, na escritura da data, o día e o mes están escritos sempre con dúas cifras, podendo a primeira ser cero eventualmente. Sendo o 25/06/1987 unha data que chamaremos fascinante pois ela ten todas as súas cifras diferentes. Cal é a seguinte data “fascinante”?

Reto 3.- As letras da seguinte igualdade representan as cifras dun número que multiplicado por catro é igual a outro formado polas mesmas cifras en orde inversa á inicial. Cal é ese número?

ABCDE x 4 = EDCBA

Solucións ao reto anterior
Reto 1
.- Ten hipo
Reto 2.- Eran Adán e Eva
Reto 3.- Na última

16 comentarios:

  1. Por fin volven os retos!!! TRaterei de resolver algún, pero dame a impresión que estos son complicados

    ResponderEliminar
  2. Ome!!
    Aleluia!
    Botábanse de menos...

    Mmmm....reto 1: 5299

    E voume arriscar tamén co 2º: 17/06/2345

    A ver que tal..

    ResponderEliminar
  3. Vou facer a miña proposta para o reto 1: 9293

    A ver que pasa

    ResponderEliminar
  4. Vexo que hai pique(e aínda falta o amigo bolbor...) De todos os xeitos sinto dicirvos que vos estades a quedar curtos nas vosas apostas...

    Grazas por participar

    ResponderEliminar
  5. Por importunar a Oshidori, a quen quero moito -aínda que hoxe non o cre de ningunha das maneiras- vou a propor solucións distintas para continuar o debate:
    1.- 14203
    2.- 16/05/2134
    O 3º xa veremos... de momento sei que A é 2. Por que?. Pois se A fora maior que 2 ao multiplicar por 4 nos daría un nº de máis de 5 cifras, así que só podería ser 1 e 2. Por que non 1?. Porque ao estar A como último número da cifra da dereita, e ao ser esta múltiplo de 4... pois si, A necesita ser un número par. Entón, sería algo así: 2BCDE*4=EDCB2
    De momento ata aquí... a ver se mañá queda ánimo para algo máis. E digo eu, xa postos parece que E ten que ser 8... non? digo, porque 4*2 ten que ser E (a outra posibilidade é que levemos 1 de atrás -máis non, senón pasamos de 5 cifras- e sexa E=9, pero 9 non pode ser por a cifra da dereita acaba en 2 e non en 6) entón sería 2BCD8*4=8DCB2 e agora si que paro, que foi un día longo. Que alguén continúe por este tortuoso carreiro...
    Saúdos para tod@s.

    ResponderEliminar
  6. ah! e outra cousiña: querida Oshidori, creo que constrúes mal os noves porque na túa última aposta fáltame un misto. Fíxate no número orixinal...

    ResponderEliminar
  7. Bufff... que traballazo me estades dando a estas horas da noite. Vexamos, oh gran bolbor:
    Reto 1: quédaste curto... e non vai con segundas

    Reto 2: na súa data fascinante está repetido o 1.

    Reto 3: vas polo bo camiño...

    E eu tamén me retiro por hoxe, aínda que xa é mañán para bolbor... Boh! xa me entendedes!

    A pensar toca!!

    ResponderEliminar
  8. Tenme enganchada o problema dos números. ¿Podría ser o 14293?

    Mar

    ResponderEliminar
  9. 2BCD8*4=8DCB2
    Para ser múltiplo de 4 as 2 últimas cifras teñen que selo, así que B+3 é impar (porque levamos 3 de 8*4). Entre os impares hai que escoller aquel que 4*B non faga que levemos (senón o número da dereita non empezaría por oito -4*2-)polo que B só pode ser 1 ou 2. Anxiño non dixo nada, pero supoñendo que A,B,C,D son distintos, como A=2 entón B=1. Entón 21CD8*4=8DC12. Agora temos que 4*D+3 acaba en 1, así que D pode ser 2 ou 7. Como 2 xa é A entón D=7 e quedaría 21C78*4=87C12. Finalmente, 4*C+3 hai que levar 3 (para que 4*1 + as que se leven sexan 7)e non pode ser 8... C=9.

    21978*4=87912

    Igual hai outro xeito máis sinxelo de facelo... o gurú Anxiño nos contará.

    Mañá máis... saúdos a tod@s.

    ResponderEliminar
  10. Por certo, o dos mistos... subo a aposta a 17283...
    Agora si que paro, é dicir, que non fago máis...

    ResponderEliminar
  11. Non, non, que parvo... que me queda o 1 pegado ao 7 e fan unha cousa moi rara. Mellor este: 42031

    ResponderEliminar
  12. jajajajaja... vale... o "gurú" Anxinho vai a dar o seu veredicto. Correcto o reto 2 resolto por Oshidori, marabillosa explicación do amigo bolbor para o número 3 pero... o número 42031 que propón para o problema dos mistos é superable.
    Seguide buscando que cada vez estades máis preto...

    Saúdos a tod@s

    ResponderEliminar
  13. Reto1: 42841.
    Aqui Jose Antonio ao aparato.
    Que teña que vir eu..que teña que vir eu solucionar isto!!!

    ResponderEliminar
  14. Bravo, bravo e bravo!!! José Antonio foi quen de atopar a solución correcta. Polo menos a que eu atopara aquela noite de insomnio.

    Por certo, como anécdota contarvos que naquel programa da Sexta a solución final era 9295!! Vedes como todos son un timo!!!!

    Grazas pola participación e ata a seguinte

    ResponderEliminar