22/01/09

Retos matemáticos... e non tanto (XIII)

Imos facer un trato. Como estou preparando a un grupo de alumnos que se presentarán ao Rallye Matemático a finais do mes de Marzo, comprométome a facer esta sección fixa todos os xoves para que (aparte dos incondicionais) tamén poidan participar eles. Polo de pronto, aí vos van tres problemiñas:

Reto 1.- Unha orquestra está formada por 16 xoves, o número de mulleres e superior ao de homes. Unha irmá e o seu irmán, Maruxa e Paco, forman parte desta orquestra. Unha vez que eles faltaron a unha actuación, o número de mulleres e de homes presentes eran a medida dos dous lados do ángulo recto dun triángulo rectángulo no que a lonxitude da hipotenusa está dada por un número enteiro. Cantas mulleres e homes constitúen dita orquestra?

Reto 2.- A un cubo de madeira de 4 cm de lado píntanselle cinco das súas caras. Despois córtase en 64 cubiños dun centímetro de lado cada un deles. Cantos cubiños se obteñen con tres caras pintadas, con dúas caras pintadas, cunha soa cara pintada e sen caras pintadas?

Reto 3.- Lucky Luke colocou 8 cabalos en cada unha das nove cercas. De seguida, os cabalos, paseando libremente, cambian dunha cerca de outra. En certo momento, a cerca nº 2 está baleira, a nº 3 ten 11 cabalos e había o mesmo número de cabalos en cada liña horizontal, en cada liña vertical e en cada diagonal. Nese momento, cantos cabalos había en cada cerca?

Solucións ao reto anterior
Reto 1.- 42951
Reto 2.- 17/06/2345
Reto 3.- 21978 x 4 = 87912

9 comentarios:

  1. 2-Creo que 12...pero non estou eu ala moi convenciada.

    Cos demáis vou devagar :d

    ResponderEliminar
  2. querida secre: creo que a túa resposta é incompleta. Fíxate ben que pregunta cantos cubiños hai de cada tipo...

    ResponderEliminar
  3. Se colocamos a cara non pintada cara abaixo parece claro que con tres caras pintadas hai catro cubiños que serían os que fan esquina. Con unha cara os catro que están no centro en cada cara pintada, o sea 20, e con dúas caras habería 32.
    Ou eso creo que son moitos cubos de dios!

    ResponderEliminar
  4. ayayay, creo que deberías repasar as túas contas...

    Por certo, onde estarán oshidori e bolbor que nos teñen abandonados....

    ResponderEliminar
  5. xa está! catro con tres caras
    20 con dúas caras
    28 con unha cara
    12 con ningunha

    espero que ahora vaia ben

    E por certo, que dificil é o último. pasácheste

    ResponderEliminar
  6. Vaia... pois si que debe ser que me pasei porque non hai moito movemento jejejeje.
    Correcta a túa solución ayayay

    seguides pensando?

    ResponderEliminar
  7. Reto 1-
    A orquestra está formada por 9 mulleres e 7 homes.

    Reto 3-
    Os cabalos de Luckie Luke están da seguinte maneira:

    13 0 11

    6 8 10

    5 16 3

    ResponderEliminar
  8. tremenda aparición de Marcos!!! Xa me estaba empezando a mosquear jejejeje

    Agardo que Oshidori e Bolbor regresen a casa...

    ResponderEliminar
  9. Pois xa non me queda máis que confirmar os resultados... e darlle os parabéns a estes pensadores, claro.
    Saúdos para tod@s.

    ResponderEliminar