01/03/09

Ágora

Se hai uns días podiamos ver un adianto de "Los abrazos rotos" de Almodóvar (estréase o 18 de marzo), hoxe traemos o trailer da nova película de Amenábar, un filme totalmente diferente neste director, polo que puidemos observar.
Ágora transcorre no século IV, no Exipto ocupado polo Imperio Romano, durante a primeira etapa da expansión do cristianismo. A historia xira arredor de tres personaxes, Hipatia, Orestes e Davo. A primeira é unha intelectual (filósofa, matemática, astrónoma) encargada da Gran Biblioteca e o Museo de Alexandría. Os outros dous personaxes están namorados dela.
A data anunciada para vela é o 2 de setembro.



Vía

Ningún comentario:

Publicar un comentario