01/03/09

Slumdog Millionaire

Por fin puiden ver este filme, algo que desexaba desde que vin o trailer sen saber que sería despois unha favorita e gañadora dos Oscars. É unha historia fermosa, chea de clichés e topicazos -os malos moi malos e os bos moi bos-, demasiado perfecta para o meu gusto -a vida real non trata tan ben aos desgrazados-, e necesaria, para achegarnos un pouco a un mundo demasiado afastado e real como é a India. A fotografía é impresionante e a historia está ben levada a partir do concurso "Queres ser millonario?". Unha historia conmovedora que chega ao corazón. Visualmente fantástica (aínda que lle sobra o baile final, creo)
En primeiro lugar, creo que vos debo algunhas explicacións:
- Un slum é calquera barrio marxinal de calquera das súas grandes cidades. Son asentamentos nos que se vive sen educación, nin sanidade, nin seguridade, nin protección social, nin oportunidades de emprego, nin electricidade, nin auga potable. Só letrinas compartidas por centos de persoas e chabolas de lata, plástico e bambú duns 10 metros cadrados onde viven familias de oito ou dez membros. Na India máis da metade da poboación urbana (un 55%) vive nun slum. (Grazas)
- Na peli, os musulmáns matan aos hindús. Na realidade, teñen un conflito relixioso profundo e atácanse mutuamente.
- Bombay é o nome español co que se coñece á cidade. Mumbai é o nome que as súas autoridades adoptaron desde 1995.
Creo que paga a pena ler esta crítica, polo de diferente ao habitual. A min o que menos me gustou foi o traballo do protagonista, en contra de moitas opinións.

1 comentario:

  1. Certo que serve para cmprender un pouco máis de cerca como é a vida noutros lugares, pero tamén é unha gran verdade que na realidade a xente desgraciada recibe bastante peor trato, que o da película.
    Diría que sí é unha boa película, apesares de que persoalmente me decepcionou bastante en varios aspectos, e sen dúida cambiaría o seu final.

    Un bico.

    ResponderEliminar