09/04/10

Contando... medo

Onte, grazas ao Concello de O Carballiño, en colaboración coa editorial Galaxia, tivemos a sorte de presenciar á contacontos Ana Carreira. Ana viña coa expresa idea de meterlle ao noso alumnado medo, moito medo; pero como o medo é libre, máis que sentir medo, pasamos un tempo moi, moi agradable e puidemos botar uns risos enormes coa súa locuacidade e o seu bo oficio. E isto sabendo que nos tomou o pelo! Aínda que xa sabemos como evitar que as ánimas nos queiran levar con elas ou evitemos toparnos coa Santa Compaña. Porque... nunca se sabe!
Moitas grazas a ambas institucións por agasallarnos con tan grata actividade.


2 comentarios:

  1. Non che daría medo a ti......a min despois das cousas extrañas que me contaron que pasan na estrada Lalín-Carballiño...xa non sei se ir dando toda a volta por Vigo...ou nin ires.

    ResponderEliminar
  2. Seguro que elixes non vires, que é o que adoitas facer... porque este ano apenas nos miramos, non?

    ResponderEliminar