18/05/10

El mundo al que vienes

Carmen Queralt é autora de texto e ilustracións deste delicioso álbum, El mundo al que vienes. Espectacular, posúe de cando en vez pequenas ventás que debemos abrir para observar como se recibe a un novo membro da familia. O libro transmite ante todo tenrura, con cores delicadas, con sorpresas, con aloumiños, porque o lector pasará lenemente a man por todas e cada unha das súas páxinas con dozura, brincando coas ilustracións, buscando co tacto as sorpresas que o libro poida deparar.
A min paréceme fermosísimo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario