18/05/10

Nat y el secreto de Eleonora

Xa sabedes que son unha fan de Rébecca Dautremer. Así que tan pronto como souben que viña de se publicar un álbum onde ela era a ilustradora, lanceime á súa procura. E xa o teño nas mans! O libro está escrito por Anil Le Ray e aquí titúlase Nat y el secreto de Eleonora, aínda que agardabamos por "Kerity y la Casa de los Cuentos". Realmente, o libro é o produto da primeira longametraxe animada da que xa falamos aquí posto que Rebecca intervén como ilustradora.
O argumento é tan especial como o libro, ou como será o filme, maxino: unha biblioteca chea de libros antigos cuxos personaxes cobran vida para seren salvados. As ilustracións son, como non, marabillosas, aínda que se afastan das que recoñecemos como da súa autoría a primeira vista.
E ten un defecto, para min. Agardo a que me digades se estades de acordo comigo ou non. De momento, non vou dicir cal é. O que si vos aseguro é que non é resulta un impedimento como para non poder disfrutar deste fermoso libro. Cando chegará o filme animado? Eu quéroo xa!!!

3 comentarios:

  1. se é de Dautremer, está ben seguro

    ResponderEliminar
  2. Non nos deixes así....eu non lle vin defecto ningún, pasei media hora léndoo no asento do acompañante nun coche en dobre fila........quen che dera ter unha biblioteca así!

    ResponderEliminar
  3. Querido Ernesto: para min o defecto é que as ilustracións deberían ocupar toda a páxina, non estar "enmarcadas" en branco. Pero é unha apreciación miña... que compartín co teu amigo Leo.

    ResponderEliminar