16/01/11

Trail





Os/as que seguides este blogue sabedes xa do meu amor polos libros, da miña paixón polos álbums ilustrados, e da miña total pertenza aos "pop-up", verdadeiras obras de enxeñería, segundo creo.
Pois o libro que vos traio hoxe é o máis especial dos meus andeis. Porque é un pop-up fermosisímo, e porque é o regalo que me trouxo no nadal o meu fillo dos EEUU.
Trail, de David Pelham, é poesía convertida en pop-up. Podedes maxinar algo máis fermoso? Branco na súa totalidade, a poesía xira nunha roda mentres despregamos as fantásticas imaxes.
Non, xa sei que non o podedes crer. Así que aí van unha fotos. Para que teñades un pouco de envexa!


6 comentarios: