Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/12/08

A cidade dos LIBROS

Traio hoxe unha pequena sorpresa para a miña benquerida compañeira de blogue que, como ben sabedes, é unha gran apaixonada dos LIBROS. E quero matizar que a súa paixón vai máis alá da lectura. Para tod@s os que temos o inmenso pracer de coñecela é sempre un gusto oíla falar de marcapáxinas, de portadas preciosas, de encadernacións fascinantes, en definitiva, de LIBROS.

O video que vos achego foi realizado polas produtoras Apt Studio e Asylum Films para conmemorar o 25 aniversario da editora 4th Estate. A orixinal idea desta campaña consiste en crear un mundo con personaxes de papel que se moven entre máis de mil libros.
Estou seguro que vos roubarei algún leve sorriso con esta historia.



1 comentario:

Ronsel dixo...

Moitas grazas polo agasallo! Vale, son un pouco pelma cos libros: capto a mensaxe!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.