27/02/11

A novela negra na Literatura Galega

O broche de ouro da nosa Semana Negra: unha mesa redonda sobre a novela negra na Literatura Galega a cargo de Diego Ameixeiras e Miguel Anxo Fernández. Ambos falaron do por que do xénero, do estado deste na literatura universal e na galega en particular, dos seus autores predilectos, do ben e o mal, da relación co cine... Eu, que me recoñezo apaixoada do xénero, considero que foi suficiente para espertar un pequeno verme no noso alumnado; ogallá que así sexa.
A xenerosidades destes e de todos os escritores que nos están visitando en Forcarei é infinita. Moitas grazas a todos eles por permitir que actividades tan interesantes como esta se poidan realizar.
























9 comentarios:

  1. Estes dous autores faláronnos da novela negra e dos os seus libros. Animáronnos a ler sobre este tema e seguro que conseguiron espertar o nterese dalgún compañeiro.

    ResponderEliminar
  2. Estes dous escritores que viñeron o noso instituto eran moi agradables pasamos un anaco moi entretido, contáronnos anédotas e animáronnos a ler mais novela negra. Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito esta charla porque foi moi divertida e ademais contáramnos no que se inspiraban eles para facer os seus libros, e animáromnos a escribir máis..

    ResponderEliminar
  4. Os dous escritores que viñeron o noso instituto contáronnos moitas cousas sobre a novela negra . A charla gustoume moito .

    ResponderEliminar
  5. A charla foi moi entretida e interesante. Explicaban moi ben as cousas, e deron moitos ánimos para ler e escribir máis, fíxose un rato moi ameno e paseino moi ben.

    ResponderEliminar
  6. A novela negra é un xénero que non me gusta,pero en cuanto a eles dous paréceme que desenvolveron moi ben a charla e se falaran doutro tipo de libros seguramente que me gustaría

    ResponderEliminar
  7. Resultou moi entretida a charla que nos deron.Pasámolo bastante ben

    ResponderEliminar
  8. Esta charla tamén me gustou bastante xa que a novela negra e a que máis me gusta. Ao vir dous comparamos 2 opinións.

    ResponderEliminar
  9. Non o pasamos nada mal con eles. Son moi divertidos e en xeral estiven a gusto nesa charla.

    ResponderEliminar