27/02/11

El beso de Glasgow

En plena voráxine de novela negra, gozo coa lectura deste novela de Craig Russell, El beso de Glasgow é a segunda entrega do detective Lennox, de quen xa falamos aquí hai pouco, e que tamén publica Roca. Se a primeira entrega me gustou, creo que esta segunda aínda é mellor. É realmente magnífica: o personaxe principal namora ao lector co seu sarcasmo, ironía e elegancia, pero con ese aire de maldade típico da novela negra tradicional: mullereiro, bebedor e un punto de bondade e tenrura que o humaniza constantemente. A lectura é sensacional: engancha dende a primeira páxina, tanto pola galería de personaxes que coñecemos (os que xa estaban na primeira entrega e os novos) como pola descrición dos lugares.
Parece que o autor xa era famoso por outra serie: eu non o coñecía. Pero acaba de facerse un oco entre o mellor dos meus andeis de novela negra: ese humor negro que o caracteriza resulta realmente provocador, a carón de mulleres fermosas, mafiosos, matóns, mortos, desaparicións e unha galería enteira de personaxes que vos fascinarán.


“Hay ciertos conceptos totalmente ajenos a la mente glasgowiana: ensalada, higiene dental, perdón”.

“Los bares de Glasgow parecían todos cortados según un patrón de eterna melancolía. Allí donde había ventanas, los cristales eran esmerilados o estaban empañados, al parecer para ocultar al mundo exterior la ingesta de bebidas alcohólicas (siempre una cosa muy seria en Escocia) y para atenuar la luz del sol hasta convertirla en una claridad insípida y lechosa”.

“Bridgeton era esa clase de lugar donde te sentías demasiado arreglado si llevabas zapatos. Daba la impresión de que el calzado era optativo hasta los doce años”.


Ningún comentario:

Publicar un comentario