05/02/11

O gran libro dos medos do Rato Pequeno


A editorial Patasdepeixe volve adozarnos a vida cunha nova entrega: estamos agora ante un libro de fobias ratonís que sempre estarán superadas polo medo humano, O gran libro dos medos do Rato Pequeno de Emily Gravett é unha delicia non só pola historia senón pola fermosura do continente: buratos, páxinas roídas, mapas, anacos de xornais...
Aprenderedes moitas fobias que non coñeciades e buscaredes a vosa propia, porque... todo o mundo temos medo de algo!
Vaivos encantar, seguro; ata teredes espazo para debuxar os vosos propios medos! O libro mereceu ser o gañador da Medalla Kate Greenaway no ano 2008.




14 comentarios:

  1. Eu, na miña biblioteca, teño algún libro rillado dos ratos. Consérvoo coma unha reliquia.
    Curiosamente, é un libro de música gregoriana (o Liber Usualis).
    Conócese que os meus ratos tamén eran afeccionados ao canto gregoriano, coma o seu dono, pois foron escoller precisamente ese.

    ResponderEliminar
  2. Será que os ratos teñen bo oído musical?

    ResponderEliminar
  3. Hai un libriño,que agora non recordo que conta a historia dun rat













    Sen ler o album que comentas recórdame os bos ratos (nunca mellor dito) que pasei lendo Firmin. Cando estaba eu só na biblioteca do IES (que era a maior parte das horas)imaxinábame ao amigo Firmin facendo das súas...

    PS. Tes unha mensaxe vella no correo. ¿Para que o queres se non o les (hahaha)?

    ResponderEliminar
  4. Bueno, para descarga do meu rato de biblioteca, direi que facía coma Firmin: so rillaba as marxes do libro. ¡Non toco nin unha soa nota!
    Ah. O que máis lle gustaron foron as tapas; aí si que se empregou a fondo...

    ResponderEliminar
  5. Un grande esforzo o desta pequena editorial recien nacida. Ademáis cun prezo que axuda a mercalo sen máis

    ResponderEliminar
  6. E un libro moi bonito e divertido só que hai que ter o dicionario a man para entender algunhas palabras

    ResponderEliminar
  7. Este pequeno libro é moi simpatico e gracioso que nos amosa case todos os tipos de medo que existen

    ResponderEliminar
  8. gustoume este libro porque ese rato tíñalle medo a todo

    ResponderEliminar
  9. gustoume este libro porque ese rato tíñalle medo a todo

    ResponderEliminar
  10. este estivo moi ben,gustoume a hipopotomonstrosesquipedaliofobia

    ResponderEliminar
  11. este libro é precioso, encántanme as ilustracións e as follas comidas

    ResponderEliminar
  12. Este libro do ratiño pequeno gustoume bastante e pareceume gracioso o da illa do medo.

    ResponderEliminar
  13. Non está mal, o libro non é feo.

    ResponderEliminar
  14. Este libro está ben, aprendín algunhas fobias que non coñecia; o rato moi bonito

    ResponderEliminar