23/03/11

A sesta dos Enormes


A verdade é que este álbum foi un dos que máis me gustou das últimas novidades de OQO, xunto con "O tren", claro. Encantáronme as ilustracións, tan cheas, a historia, a súa fantasía e a tenrura que desprende. A sesta dos Enormes con texto de Pep Bruno e ilustracións de Natalie Pudalov recórdanos a importancia da hora de conto para durmir os nenos. Varias historias dentro dunha historia magnífica que calquera pode contar, porque para iso está a maxinación, non? Para iso... e para protagonizar os propios fillos o conto, que mellor!
Precioso. A profusidade das ilustracións, os pequenos detalles, o colorido, a imaxinación e mesmo o surrealismo que despregan faranvos comprobar que iredes máis dunha vez a contemplalas.

9 comentarios:

  1. o libro está ben, é moi divertido

    ResponderEliminar
  2. estivo ben, os rapaces eran moi curiosos e preguntábanlle ao seu pai

    ResponderEliminar
  3. Este libro gustoume porque dentro del encerra varios contos divertidos

    ResponderEliminar
  4. Este libro é moi cuco,gustoume moito.É precioso!

    ResponderEliminar
  5. pois gustoume porque o pai tiña moita imaxinación

    ResponderEliminar
  6. gustoume moito o libro, os contos eran ben bonitos.

    ResponderEliminar
  7. este libro está ben pero é algo raro

    ResponderEliminar
  8. Este libro gustoume, aínda que non tanto coma os demais.

    ResponderEliminar
  9. Este libro é moi divertido, gustoume moito.

    ResponderEliminar