28/04/11

El bombero de Lilliputia


Estreo hoxe un post da editorial Comanegra con este fermosísimo agasallo sorpresa que me adozou a semana: El bombero de Lilliputia de Fred Bernard e François Roca. É realmente un álbum espectacular, polo seu tamaño (está claro que esta é a tendencia: cada vez son máis grandes: haberá un acordo tácito entre editores e carpinteiros???). Un libro que trata sobre diferenzas, pero tamén de amor e de tenacidade. Un libro que aborda como é a sociedade a que impón con todos os seus erros unha idea de estética unánime e acomplexada que leva á soidade e ao abandono. Pero o libro deixa paso á esperanza para reafirmarnos que o importante é aquilo que levamos dentro e que mentres loitemos por que estes valores sexan os esenciais, ao final acabaremos gañando.
E que dicir das ilustracións? Cada páxina é un cadro neorrealista que merece unha especial atención, transmitindo unha serenidade atípica. Incribles.




3 comentarios:

  1. o dos carpinteiros non o acabo de pillar pero...si que esán ben as ilustracións eh?

    ResponderEliminar
  2. O dos carpinteiros vén porque os libros son tan grandes que cómpre chamar aos carpinteiros para que cambien os andeis...

    ResponderEliminar
  3. Este libro non estivo mal, paréceme moi mal que os pais traten o neno como un ser estraño.

    ResponderEliminar