30/05/11

Crocodilo namorado


Reedita Faktoría K este precioso Crocodilo namorado de Daniela Kulot que conta a desesperación dun crocodilo por chamar a atención da súa xirafa amada para que esta lle preste un mínimo de atención e poder así comezar amoríos. Pero por moito que o tenta, nada lle sae ben a este pobre animal que tan só quere descubrir un sorriso marabilloso. Unha obra moi doce que inicia varios títulos baixo o mesmo selo.
E é que as diferenzas non importan cando manda o amor! Esta base é esencial para explicar aos máis peques as diferentes relacións que podemos manter.
Indícame Belén que aquí temos unha actividade en LIM para traballar este fermoso libro.

11 comentarios:

  1. O profe Carlos do CRA Os Remuíños fixo este LIM para traballar este conto

    http://actividadeslim.nireblog.com/post/2011/02/24/crocodilo-enamorado

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Grazas Belén pola indicación. Incorporámola, por suposto.
    Saúdos agradecidos

    ResponderEliminar
  3. pásame como no anterior paréceme infantil.

    ResponderEliminar
  4. Este si que é bonito si que se querían sen importar diferenza ningunha. Este si que estivo ben.

    ResponderEliminar
  5. este libro e moi divertido é simpático

    ResponderEliminar
  6. este conto estivo moi ben,foi gracioso e simpático

    ResponderEliminar
  7. este conto é moi simpático porque ao crocodrilo lle gustaba a xirafa

    ResponderEliminar
  8. Pareceume moi curto, pero bastante bonito!

    ResponderEliminar
  9. Este conto é divertido como o crocodilo se namora da xirafa e todo o que fai para conseguir o seu amor...

    ResponderEliminar