30/05/11

Unha familia normal


Se antes falabamos de Crocodilo namorado, agora chegamos a esta segunda parte da serie de Daniela Kulot publicada por Faktoría K: Unha familia normal. Xa instalados como familia, neste segundo álbum temos dous personaxes máis: un fillo e unha filla que son cuspidiños aos seus papás, é dicir, unha sae ao pai, outro á súa nai. E todos xuntos serán quen de vencer calquera obstáculo.
Seguimos a traballar o respecto ante as diferenzas e as familias diferentes que poidamos observar. As ilustracións, cheas de cor e vivacidade.

...Coma tantas outras parellas que se queren, teñen fillos: Croquila, unha cría de crocodilo, e Rafolo, un bebé xirafa. Xuntos, forman unha familia coma calquera outra. Iso si, un pouco especial...

8 comentarios:

  1. gustoume moito este libro pola ilustracións que ten

    ResponderEliminar
  2. este conto foi moi divertido,gustoume bastante

    ResponderEliminar
  3. Este conto estivo bastante ben e gracioso. Esta si que é unha familia moi peculiar.

    ResponderEliminar
  4. esta segunda parte do conto estivo moi ben cos fillos

    ResponderEliminar
  5. esta segunda parte do conto estivo moi ben cos fillos

    ResponderEliminar
  6. Está ben pero algo infantil para a nosa idade, as ilustracións están ben

    ResponderEliminar
  7. Estivo ben o libro,a familia ten que axudarse por moi distinta que sexa....

    ResponderEliminar
  8. Este conto non estivo mal, pareceume moi simpático os bebes que tiveron...jeje son moi cucos.

    ResponderEliminar