13/06/11

Pilú Pilú!


Susanna Isern e Katharina Sieg son as artífices deste álbum publicado por OQO, Pilú Pilú!. Un libro que nos fala desa historia que tod@s coñecemos duns paxariños amigos dos crocodilos que lles escarvan os dentes, limpándollelos e alimentándose eles, ademais de avisalos de calquera perigo co seu "pilú" cantado. Unha bonita historia que nos ofrece a natureza e que serve á autora para indagar na posible orixe desta curiosa relación animal. As ilustracións dan vida a esta selva tan especial, onde o valor da amizade e o feito de non se fiar das aparencias son os valores que máis destacan.

O crocodilo abriu a boca, chea de dentes enormes e afiados, e o paxariño comezou a voar…
—Para! –soprou o vento.
—Non sigas! –saltou o canguro.
—Frea! –chapuzou o lago.
—É unha tolería! –exclamou o coala.
—Cabeza tola! –picouno a avestruz.
—Nooonnn…! –berraron todos.


8 comentarios:

  1. Este libro está simpático! O libro non estivo mal.

    ResponderEliminar
  2. Este conto foi o máis divertido desta avaliación

    ResponderEliminar
  3. este libro asombroume porque non sabía que fora certo o do paxaro

    ResponderEliminar
  4. Este libro estivo bastante ben e entretido.

    ResponderEliminar
  5. Este libro pareceume entretido e simpático e gustoume moito a asociación entre o crocodilo e o paxaro

    ResponderEliminar
  6. este libro pareceume algo estraño por limparlle os dentes ao crocodilo

    ResponderEliminar
  7. Este libro ben, foi bastante gracioso; é incrible que haxa paxariños que se metan na boca dun crocodilo para limparlle os dentes.

    ResponderEliminar
  8. este libro é moi divertido e ten unhas ilustracións moi chulas

    ResponderEliminar