Andamos mergullados esta tempada cunha actividade que demos en chamar "Educación ilustrada en Forcarei". Coa ilustración e da ilustración -ollo! non confundir coa Ilustración do século XVIII!!!- falamos e traballamos. Arestora, déixovos unhas fotos de dúas exposicións.
A primeira, unha alfaia que moito agradecemos á editorial Xerais, para cuxa xenerosidade non nos chegan as palabras de agradecemento, fermosa exposición artística de ilustracións:
Por outra parte, comezou xa a feira do álbum ilustrado, un ano máis. Damos as grazas a editoriais e distribuídoras que a fan posible:

Por suposto, repetiremos: o alumnado de diversificación acudirá ao colexio para lerlles algúns deses libros que temos na exposición aos máis pequenos.
Canta vida, canta emoción reunida!
ResponderEliminarTodo un privilexio poder estar aí!
Saúdos.
Xa sabes que nos encantaría recibirte!
ResponderEliminarA ilustración paréceme unha das cousas máis importantes dalgúns libros porque así son máis divertidos e menos monótonos.
ResponderEliminar