Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/11/10

Feira do álbum ilustrado


Unha das actividades que levamos a cabo dende a biblioteca é a Feira do álbum ilustrado que xa realizaramos noutros centros anos anteriores. Pero este curso, máis e mellor. Realmente estou abraiada coa cantidade de libros que temos e coa xenerosidade que editoriais e almacéns amosan comigo, polo que desde aquí doulles a todos eles a miñas máis expresivas grazas.
Debido ás peculiaridades que presenta o IES Chano Piñeiro de Forcarei, sen lugares "habitables" para os libros, decidimos pedir colaboración ao colexio, co que compartimos parte das instalacións. E pódovos asegurar que foi unha gran opción: disfruto coas caras deses nenos e nenas que se achegan a tanto tesouro entre páxinas oculto; seguramente a maior parte deles e delas nunca viran tanto libro xunto. É unha felicidade velos, ao mesmo tempo que o terror se apodera de min cando os vexo abrir os irresistibles pop-up que adornan as mesas!!!
Aínda non tiven tempo de facer fotos (cando as faga desapareceron a metade dos libros) pero déixovos o cartaz que fixemos para a ocasión. A que quedou chulo?:



Fixádevos na lista de editoriais. Impresiona?

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Non temas se desaparece algún libro... En certa ocasión unha compañeira do meu centro comentou: "se algún rapaz se queda cun libro e non o devolve... habería que regalarlle outro". Frase que se convertiu nun eslogan da nosa biblioteca (jajaja).Xabimusic

Ronsel dixo...

Eu só temo polos libros que non son nosos, porque os da feira son un préstamo das editoriais.
E si, eu desexo que nos rouben libros da biblio para ler e gozar, por suposto.
Saúdos

Anxinho dixo...

o que non consigas ti, querida compañeira...

Cristina dixo...

Éstás en Forcarei? Ata cando é a exposición? Eu facíate mais arriba de Ferrol, non sei por qué. Podería ir vela?
Apertas lectoras

Ronsel dixo...

Cristina, encantaríame que viñeses, é dicir, sería un honor, a verdade. O martes á mañá veñen dende O Son a vela, así que maxina, vén cando queiras... esta semana poruqe o xoves e o venres voume de curso e teño que desmontala antes: é un perigo tanto tempo...
Escríbeme se queres ao enderezo do blogue (está no lateral) e douche o meu número de teléfono.
Bicos

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.