
Martín León Barreto é o autor de A viaxe de Olaf, IV Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados 2011 publicado pola editorial Kalandraka. Un álbum especialmente dirixido aos máis pequenos por presentar esa estrutura repetitiva e circular tan típica dos contos infantís. Pero nesta viaxe especial que o protagonista decide realizar estará acompañado non por uns animais calquera senón por animais fantásticos e míticos como o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante... Por suposto, destacan as ilustracións cheas de cores, onde a xeometricidade das formas destaca no ar dinámico que presentan.
Que fermoso agasallo poden traer os Reis Magos este nadal!!!

Que fermoso agasallo poden traer os Reis Magos este nadal!!!

Este libro non estivo mal, pero as ilustracións non me gustaron.
ResponderEliminarEste conto ten unhas ilutracións chamativas e é precioso que se leven todos ben
ResponderEliminaro libro non me gustou moito pero ten unhas ilustracións bonitas e abstractas
ResponderEliminarO libro gustoume polas ilustracións que eran bastante chamativas e con formas xeométricas.
ResponderEliminarEste libro ten unhas ilustracións un tanto estrañas pero de gan nivel, gustoume.
ResponderEliminarEste libro non me gustou moito pareceume algo aburrido.
ResponderEliminareste conto estivo ben porque parecía un tetris
ResponderEliminarEste libro é aburrido, non me gustou moito.
ResponderEliminareste conto gustoume moito e as ilustracións eran moi complexas
ResponderEliminar