04/06/12

Xurado literario

O bo de impartir aulas no IES Chano Piñeiro é que os americanos aínda non conquistaron Forcarei, polo que a despedida de 2º de Bacharelato é tan entrañable e natural como ir a unha desas paraxes marabillosas que rodean a vila e sentarse ao ar libre a charlar e a gozar da compañía e da natureza. Os propios alumnos pescaron e cociñaron troitas para nós, mentres nos enchían de toda clase de doces que se empeñaran en cociñar previamente. Empanadas e tortillas... e xa temos unha boa festa armada!
Estas son as miñas nenas lectoras, as que forman parte do xurado dos Premios San Clemente:


 Os libros que van ler (cada dúas, tres libros) son:

 LÍNGUA GALEGA
A veiga é como un tempo distinto de Eva Moreda. Ed. Xerais
O bebedor de rakia de Manuel Marcos. Ed. Xerais
Extramunde de Xavier Queipo. Ed. Xerais

 LÍNGUA CASTELÁ
Caligrafía de los sueños de Juan Marsé. Ed Lumen
El ruido de las cosas al caer de Juan Gabriel Vázquez. Ed. Alfaguara
Deseos de Marina Mayoral. Ed. Alfaguara

 LÍNGUA ESTRANXEIRA
Siete años de Peter Stamm. Ed. Acantilado
El mapa y el Territorio de Michel Houellebecq. Ed. Anagrama
Purga de Sofi Oksanen. Ed. Rinoceronte

Que vos vaia moi ben no futuro!

10 comentarios:

  1. Que orgullo traballar e disfrutar o mesmo tempo. Noraboa

    ResponderEliminar
  2. E como ti tes esas fotos e eu non???? Cachis!

    ResponderEliminar
  3. Querido Anxo: se me vises algo máis... tamén as terías! E outras nas que estás cos teus...

    ResponderEliminar
  4. A verdade é que é unha delicia, si, "fraguasa". Grazas

    ResponderEliminar
  5. Se volvo a nacer, eu quero vivir en Forcarei para poder ir ás vosas aulas

    ResponderEliminar
  6. Se volvese a nacer eu, aínda estaría en Ribadavia. En setembro regreso para Silleda.

    ResponderEliminar
  7. Algo ten que pasar, como nos contos, non te podes ir a Silleda.Que faremos nos sen ti¡¡¡

    ResponderEliminar
  8. O malo dos contos, destes contos, é que non fan realidade os soños. Que saibas que en Silleda estarás no meu corazón... e buscaremos algo para facer nas coordenadas Forcarei-Silleda!!!

    ResponderEliminar
  9. Sempre haberá un conto que nos una¡¡
    ainda que seña chinés

    ResponderEliminar
  10. Ou inventamos a nosa lingua, non hai problema!

    ResponderEliminar